Mundo gadis
Infinitamente sacrificada, infinitamente bondadosa, infinitamente folclórica, a avoa é un pilar cultural sobre o cal se poden proxectar narrativas hexemónicas a vontade. A obra, a partir da xeneración dunha serie de avoas ficticias, xurde dende a premisa de deixar en paz ás avoas reais.
Vídeo dixital a partir de 40 imaxes xeneradas por unha DCGAN entrenada con 5.000 imaxes de mulleres. Audio extraído do APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego).
Traballo universitario realizado para a materia Procesos de espazo e tempo.






