Capital documedial

A performance ten lugar nun espazo interior no que se proxecta en tempo real a pantalla dos smartphones dos artistas, que realizan a acción de deslizar na pantalla dos seus dispositivos, amosando ao público o seu feed de TikTok.

Capital documedial foi representada o 22 de outubro de 2025 no Festival Internacional de Teatro de Ourense grazas á bolsa de creación 67 Graos.